BASES VENRES NEGRO 2022


A Asociación de Empresarios de Santa Comba organiza o VENRES NEGRO para os días 24, 25 e 26 de novembro de 2022, coa finalidade de incentivar as compras no comercio e hostalería asociada neses días de referencia.

  • Poderán participar tódolas empresas asociadas á Asociación de Empresarios de Santa Comba.
  • A organización fará entrega a cada local participante de papeletas, globos vermellos e negros para colocar na fachada ou no escaparate, cartel identificativo e vinilo para colocar no escaparate.
  • Cada local participante deberá dispoñer dunha urna de cartón ou similar na cal se introducirán as papeletas co nome, apelidos e teléfono de contacto dos clientes.

É indispensable anotar nas papeletas o contacto dos clientes para avisalo no caso de que sexan premiados.

  • O luns 28 de novembro a organización recollerá tódalas papeletas de cada un dos establecementos participantes.
  • Sortearanse vales de compra por importe total de 300€ repartidos en 6 vales de compra de 50€ cada un.
  • O martes 29 de novembro ás 12:00 h. realizarase o sorteo en directo dende as redes sociais da Asociación e así mesmo contactarase con cada un dos premiados.
  • Os premiados recollerán os seus vales na oficina da Asociación sita na Rúa Pontevedra nº 9 entrechán de luns a venres de 09:30 a 13:30 h. antes do 12 de decembro de 2022.
  • Os vales de compra só poderán canxearse nas empresas participantes na campaña do Venres Negro. O último día para canxear os vales de compra é o 31 de decembro de 2022.
  • Non poderán participar os titulares nin empregados nas papeletas do seu establecemento, pero sí o poderán facer no resto de empresas participantes no Venres Negro.
  • No caso de que o premiado cun vale de compra sexa menor de idade, deberá de vir acompañado polo seu titor legal para recoller o premio.
  • A organización fará unha publicación nas redes sociais cando se acuda a recoller o premio.
  • comerciodesantacomba.com As empresas participantes deberán de enviarnos as 3 ofertas ou descontos máis chamativos do seu comercio, á seguinte dirección de correo electrónico correo@empresariosdesantacomba.com ou por WhatsApp ao 633181817, adxuntando fotos, descripción e porcentaxe de desconto para colgar na web indicada para este evento. Tamén poden ofertar un desconto xenérico para tódolos produtos.
  • IMPORTANTE: A data límite para comunicar a participación e enviar os descontos, xunto coas fotos é o mércores 16 de novembro.
  • A participación no Venres Negro supón a aceptación destas bases.